domingo, 22 de marzo de 2015

Día Mundial da Vida Salvaxe: 3 de marzo.



O día 3 de marzo foi o Día Mundial da Vida Salvaxe, o diretor executivo das oficinas das Nacións Unidas contras as drogas e o crime,  Yury Fedotov, quixo destacar que a biodiversidade do planeta encóntrase ameazada pola demanda de partes animais suministrada polas redes criminais. O negocio do crime salvaxe estímase que recauda uns dez mil millóns de dólares anuais. Fedotov cre que temos que enseñar ás persoas que tamén poden construír pequenas empresas coas que poden vivir en armonía coa natureza e o mediambiente en vez de participar no tráfico ilegal de animais. 
Cities quixo resaltar o caso dos rinocerontes: 1215 exemplares foron abatidos por furtivos so en Sudáfrica en 2014. A cifra sería o equivalente de matar a 1 rinoceronte cada 8 horas! Aproximandamente o 94% do furtivismo relacionado con rinocerontes ten lugar en Sudáfrica; país que acolle ao grupo máis grande desta especie e que xenera uns beneficios de entre 63 e 192 millóns de dólares.
A Asociación para a Supervivencia dos grandes Simios informou de que o tráfico de estos animais incrementouse de maneira tan seria que os chimpancés, gorilas e bonobos en África e os orangutáns en Asia encóntranse ameazados. Moitos morren durante a captura ou no tempo que permanecen en cautividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario