domingo, 22 de marzo de 2015

Descubrimento dun xigantesco antepasado dos cocodrilos.



Uns paleontólogos estadounidenses descubriron un ancestro dos cocodrilos que probablemente foi un dos principais depredadores de América do Norte antes da chegada dos dinosaurios ó continente. Apodado o "Carniceiro de Carolina", o Carolinensis Carnufex era un crocodilomorfo de case tres metros de longo, camiñaba coas súas patas traseiras e probablemente cazaba animais pequenos como reptíles ou mamíferos dos ecosistemas da actual Carolina do Norte fai 231 millóns de anos.
Os paleontólogos da Universidade e do Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte recuperaron partes do cráneo e da columna vertebral. O cráneo estaba preservado en anacos, por iso foi difícil saber como fora a súa vida. Grazas ás novas tecnoloxías avanzadas que dispoñemos actualmente, os investigadores escanearon os osos do cráneo creando un modelo tridimensional, e comparárono cos doutros familiares cercanos para obter unha maior visión do cráneo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario