domingo, 22 de marzo de 2015

O estado de Victoria sacrificou a case 700 koalas a causa do seu estado de saúde.



Case 700 koalas foron sacrificados na área de cabo Otway, ao oeste do estado australiano de Victoria. A responsable estatal de Medio Ambiente, Lisa Neville, manifestou que a medida que escolleron debíase a un problema de superpoboación, e o sacrificio foi realizado por técnicos expertos autorizados para facelo. Neville declarou que se trataba de un asunto complexo e arriesgado que foi levado a cabo da maneira máis humana e efectiva. A ministra tamén añadiu que os koalas sofren enfermidades e padencen fame nesa área conceta de Otway, o seu número crece máis rápido do que eles o poden controlar, e xa se comprobou que algunhas medidas de conservación como os translados cara outros lugares non resulta de todo efectivas.
Frank Fotinas, dueño de un parque de caravanas no cabo de Ooway, tamen comentou á cadea australiana ABC que, se non hai árbores non hai koalas, e se non hai koalas o turismo caerá, por iso Fontinas plantou 700.000 árbores pola zona fai un par de anos. Pero Fontinas opina que nestos momentos o mellor sería obtar pola eutanasia debido ao lamentable estado dos koalas, afirmou que o cabo enteiro cheiraba a morto e que necesitaban a axuda do goberno inmediatamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario